Ir o contido principal
dirección

🎬 Dirección actoral para directoras e directores con Diego Aballe


Dous sábados ao mes | 10:00–14:00h
Inicio: sábado 7 de febreiro
De febreiro a xuño

Un adestramento práctico en dirección actoral a cámara, pensado para directoras e directores que queiran mellorar a súa comunicación con actrices e actores e afrontar o traballo no set con máis ferramentas e seguridade.

Que traballaremos?
• Linguaxe de dirección actoral
• Preparación e ensaio orientados a cámara
• Dirección no set
• Ferramentas para desenvolver escenas
• Empatía técnica coa actriz e o actor
• Práctica real con actrices e actores convidados
• Rodaxe de escenas e revisión de material

👤 Diego Aballe
Director, produtor e guionista. Cofundador de Coven Films. Docente en ACT Galicia. Premio Méliès d’Argent á Mellor Curtametraxe Europea (Canibalismo) e Premio do Público de Cans (Monstera). Actualmente desenvolve a súa primeira longametraxe co apoio do ICAA.

📩 Inscricións abertas
Envía CV e foto a
📧 secretaria@actgalicia.com
Asunto: DIRECCIÓN ACTORAL – DIEGO ABALLE
Prazas limitadas (mín. 8 / máx. 10)

ACT.GALICIA

Comments