Axudas para a rehabilitación de vivendas no rural 2026
O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas á rehabilitación, remate ou ampliación de vivendas, así como ao cambio de uso de locais a vivenda, co obxectivo de fixar poboación no medio rural.
Requisitos:
-
Situación do inmoble: Debe estar situado nun concello de Galicia con poboación inferior a 5.000 habitantes.
-
Destino da vivenda: Residencia habitual e permanente da persoa propietaria ou para alugueiro durante un prazo mínimo de 5 anos.
-
Persoas beneficiarias: Persoas físicas propietarias ou usufructuarias.
-
Límites de ingresos: A unidade de convivencia non debe superar 6,5 veces o IPREM. Este límite non se aplica se a vivenda se destina ao alugueiro (incorporándose ao programa Fogar Vivo).
-
Estado das obras: Non poden estar iniciadas na data de publicación da convocatoria.
-
Contía: 75 % do orzamento protexido, cun máximo de 30.000 € por vivenda.
Prazos:
-
Presentación de solicitudes: O prazo comezará aos 5 días hábiles seguintes á publicación da resolución no DOG e rematará o 1 de setembro de 2026 (ou ata o esgotamento do crédito orzamentario).
-
Execución das obras: O prazo máximo fixarase na resolución de concesión e non poderá exceder os 18 meses. As actuacións deben iniciarse na anualidade 2026.
Solicitudes:
-
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
Código do procedemento: VI435E.
Máis información:
-
Sede Electrónica: https://sede.xunta.gal
-
IGVS: https://igvs.xunta.gal




Comments