Ir o contido principal

Sarria convoca unha praza fixa de auxiliar xerocultor/a para o turno de noite na Residencia Nosa Señora do Carme

Resumo da convocatoria

  • O Concello de Sarria, a través do Organismo Autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, convoca unha praza de auxiliar xerocultor/a.

  • Trátase dunha praza de persoal laboral fixo, adscrita ao turno de noite.

  • A selección realizarase mediante concurso-oposición en quenda libre, incluída na OPE 2023.

Datos principais

  • Posto: Auxiliar xerocultor/a

  • Régime xurídico: Persoal laboral fixo (Grupo IV)

  • Turno: Noite

  • Sistema de acceso: Concurso-oposición

  • Administración convocante: Organismo Autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme (Concello de Sarria)

Prazo de solicitudes

  • 20 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Funcións principais do posto

  • Atención directa ás persoas usuarias nas actividades básicas da vida diaria.

  • Apoio na hixiene persoal, alimentación e mobilidade.

  • Colaboración co equipo técnico e comunicación de incidencias.

  • Acompañamento en actividades, paseos e tempo libre.

  • Mantemento do material e espazos de uso das persoas residentes.

  • Garantía da confidencialidade e do respecto á intimidade das persoas usuarias.

Requisitos destacados

  • Ter nacionalidade española ou cumprir os requisitos legais de acceso.

  • Posuír capacidade funcional para o posto.

  • Ter cumpridos 16 anos.

  • Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

    • Técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia

    • Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería

    • Técnico/a en Atención Sociosanitaria

    • Ou ESO + Certificado profesional de atención sociosanitaria en institucións sociais.

  • Coñecemento de galego: Celga 3 ou equivalente (ou proba específica).

Proceso selectivo

  • Fase de oposición (máx. 30 puntos):

    • Test teórico

    • Desenvolvemento de temas

    • Proba práctica

    • Proba de galego (se procede)

  • Fase de concurso (máx. 20 puntos):

    • Experiencia profesional

    • Formación relacionada coa praza

Presentación de solicitudes

Comments