Barreiros convoca un proceso selectivo para tres prazas de operarios/as de servizos múltiples
O Concello de Barreiros vén de anunciar a convocatoria dun proceso selectivo mediante concurso-oposición, en quenda libre, para a cobertura de tres prazas de Operario/a de Servizos Múltiples como persoal laboral fixo.
Datos clave da convocatoria:
-
Número de prazas: 3
-
1 incluída na OEP 2022
-
2 incluídas na OEP 2025
-
-
Sistema selectivo: Concurso-oposición
-
Tipo de persoal: Laboral fixo
-
Grupo: Asimilado a grupo E / Grupo de cotización 10
-
Xornada: Completa (37,5 horas semanais)
-
Retribución: Salario bruto mensual en 14 pagas, equivalente ao SMI vixente
Funcións principais do posto:
-
Limpeza de espazos públicos
-
Desbroces, podas e recollida de restos vexetais
-
Mantemento de instalacións municipais
-
Traslado de materiais
-
Montaxe e desmontaxe de estruturas para eventos
-
Outras tarefas propias da área de servizos municipais
Requisitos das persoas aspirantes:
-
Nacionalidade española (ou supostos do art. 57 do EBEP)
-
Ter 16 anos cumpridos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa
-
Capacidade funcional para o desempeño do posto
-
Non estar inhabilitado/a para emprego público
-
Non se esixe titulación específica
-
Permiso de conducir e vehículo propio ou dispoñible
-
Carné de produtos fitosanitarios
Presentación de solicitudes:
-
Prazo: 15 días hábiles dende o día seguinte á publicación no BOE
-
Onde presentar:
-
Rexistro do Concello de Barreiros
-
Sede electrónica: https://barreiros.sedelectronica.es
-
Correo certificado (con aviso por email a secretaria@concellodebarreiros.gal)
-
As bases completas da convocatoria foron publicadas no BOP de Lugo nº 13, do 17 de xaneiro de 2026.




Comments