Cursos Socorrismo
Traémosche excelentes novas 🌟
Xa está aberto o prazo de inscrición para os cursos oficiais AFD 2026/2027 de socorrismo, unha formación 100% bonificada que ademais conta con axudas para desprazamentos.
Se queres converterte nun/ha profesional do salvamento acuático… este é o teu momento!
📢 INFORMACIÓN IMPORTANTE
✨ Só poderás matricularte nun dos cursos dispoñibles
⚠️ Prazas moi limitadas
🟢 Tamén hai prazas para persoas traballadoras ocupadas, pero terán prioridade de selección as persoas desempregadas.
🏊♂️ CURSOS DISPOÑIBLES
✅ 1) AFDP0209 – SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS
📍 Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia
Rúa Gambrinus nº151, Mód. 0, nave 3 – 15008 A Coruña
Modalidade: 100% presencial
Carga lectiva: 393 h aula + 105 h prácticas → 498 h totais
Datas: 02/03/2026 → 16/07/2026
Horario: 09:00–14:00 h
Prazas: 15
Formación: 100% bonificada
✅ 2) AFDP0109 – SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS
📍 Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia
Rúa Gambrinus nº151, Mód. 0, nave 3 – 15008 A Coruña
Modalidade: 100% presencial
Carga lectiva: 355 h aula + 93 h prácticas → 448 h totais
Datas estimadas: 01/04/2026 → 11/08/2026
Horario: 16:00–21:00 h
Formación: 100% bonificada
💬 Requisitos de acceso (cumprir un mínimo):
• ESO ou equivalente
• Certificado de profesionalidade nivel 2
• Certificado de profesionalidade nivel 1 da mesma familia
• Requisitos académicos de FP Grao Medio
• Proba de acceso á universidade +25 / +45
• Competencias clave (RD 34/2008)
🧩 Colectivos prioritarios:
Persoas desempregadas, mulleres (especialmente vítimas de violencia de xénero), parados/as de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados/as e persoas en risco de exclusión social.
📅 NOTA SOBRE O CALENDARIO
As datas concretas de desenvolvemento dos módulos serán confirmadas oficialmente previamente pola Consellería de Traballo.
Se convalidas algún dos módulos, indícanolo e enviaremosche unhas datas orientativas de asistencia adaptadas ao teu caso.
Así mesmo, unha vez se autorice o inicio dos cursos e se dispoña do número de alumnado seleccionado preciso para a validación dos mesmos, solicitarase a autorización para impartir 6 horas lectivas diarias por xornada formativa. Deste xeito, poderase reducir a duración total da formación, facilitando que o alumnado poida acceder con maior antelación a postos de traballo como socorrista durante a tempada de verán.
📄 DOCUMENTACIÓN NECESARIA
✅ Folla de matrícula cuberta (solicitar no correo fessga@gmail.com)
✅ Copia do DNI
✅ Copia do certificado académico (mínimo ESO)
✅ Copia da tarxeta de demanda de emprego
💡 Moi importante:
Aínda que na folla de matrícula apareza referencia a un prezo, NON tes que pagar nada → o curso é 100% subvencionado.
🔎 Sobre o rexistro en DIPLOS:
Recomendámosche que, aínda que realices o rexistro en DIPLOS, envíes igualmente a documentación directamente á Federación para asegurar a túa praza.
📧 ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN
Envíanos todo ao correo:
👉 fessga@gmail.com
💬 Tes algunha dúbida?
Estamos aquí para axudarte!
Non dubides en escribirnos.
📣 NON DEIXES PASAR ESTA OPORTUNIDADE!
Forma parte dun sector con alta demanda laboral, cunha titulación oficial e prácticas en empresa.
✔ Mellora a túa empregabilidade
✔ Fórmate con profesionais
✔ A custo CERO
✨ Solicita xa a túa praza… antes de que se esgoten!




Comments