Ir o contido principal
máscara entroido

Concurso de disfraces de Entroido 2026 no Concello de Sobrado Dos Monxes

Mediante a presente Resolución de Alcaldía, aprobáronse as bases do concurso de disfraces de entroido 2026 do concello de Sobrado.

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen e reúnan os requisitos esixidos nestas bases.

Para participar é obrigatorio inscribirse nas oficinas da Casa do Concello ou no teléfono (981)787508 e senon o mesmo día do concurso polo menos 15 minutos antes do comezo do concurso.

Para máis información consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/23/2026_0000000314.html

Comments