O Entroido de Barbadás 2026 abre as súas convocatorias de concursos
O Concello de Barbadás vén de publicar as convocatorias oficiais para o Concurso do Desfile de Entroido 2026 e o Concurso de Mecos de Entroido 2026, co obxectivo de fomentar e poñer en valor unha das tradicións máis emblemáticas do municipio.
🎭 Concurso do Desfile de Entroido de Barbadás 2026
BDNS (Identif.): 882115
-
Obxecto:
Promover, conservar e enxalzar o Entroido tradicional mediante a organización do desfile e o seu concurso oficial, en réxime de concorrencia competitiva. -
Persoas beneficiarias:
Poderá participar calquera persoa ou grupo (asociacións veciñais, culturais, etc.) que presente a solicitude no prazo establecido. -
Premios:
-
Comparsas de 10 ou menos participantes:
-
1º premio: 550 €
-
2º premio: 450 €
-
-
Comparsas de máis de 10 participantes:
-
1º premio: 1.100 €
-
2º premio: 800 €
-
3º premio: 700 €
-
4º premio: 500 €
-
5º premio: 450 €
-
6º premio: 350 €
-
7º premio: 300 €
-
8º premio: 250 €
-
-
Premios especiais (para comparsas non premiadas):
-
Especial deseño: 250 €
-
Especial animación: 250 €
-
-
-
Prazo e forma de presentación:
Dende o día seguinte á publicación no BOP ata o 16 de febreiro de 2026 ás 12.00 h.
Inscrición a través do formulario en liña en www.barbadas.es.
🪆 Concurso de Mecos de Entroido de Barbadás 2026
BDNS (Identif.): 882116
-
Obxecto:
Amosar e poñer en valor os mecos elaborados polos veciños e veciñas como expresión tradicional do Entroido, mediante concurso en concorrencia competitiva. -
Requisitos de participación:
Poderá participar calquera persoa ou grupo que presente a súa solicitude correctamente dentro do prazo. -
Premios:
-
1º premio: 300 €
-
2º premio: 200 €
-
3º premio: 100 €
-
-
Prazo e forma de presentación:
Dende o día seguinte á publicación no BOP ata o 6 de febreiro de 2026 ás 12.00 h.
A inscrición realizarase en www.barbadas.es e deberá incluír unha única fotografía do meco, tomada nun punto do concello onde estea exposto.




Comments