Ir o contido principal
MULLERES

Lalín convoca o XX Premio ás Mulleres “Dna. Maruja Gutiérrez” 2026

O Concello de Lalín, con motivo da celebración do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, convoca o XX Premio ás Mulleres “Dna. Maruja Gutiérrez” 2026, co obxectivo de visibilizar e recoñecer a traxectoria profesional, persoal, social e empresarial das mulleres lalinenses.

🟣 Obxecto da convocatoria

  • Distinguir a profesionalidade, a iniciativa empresarial e a traxectoria persoal e social das mulleres de Lalín.

  • Promover a igualdade de oportunidades e contribuír á eliminación de estereotipos e discriminacións por razón de xénero.

👩‍💼 Persoas destinatarias

Poderán optar ao premio:

  • Empresarias (titulares, promotoras ou socias principais), con independencia da forma xurídica da empresa e con domicilio social en Lalín.

  • Mulleres ou asociacións/colectivos que destaquen pola súa traxectoria profesional, persoal ou no eido social.

🏆 Categorías dos premios

O xurado outorgará tres premios nas seguintes categorías:

  • Xove empresaria (ata 35 anos ou empresas con menos de 3 anos de antigüidade).

  • Traxectoria “toda unha vida”.

  • Mulleres en movemento, para mulleres ou colectivos que traballen polo avance da igualdade.

📊 Criterios de valoración

Valorarase, ata un máximo de 15 puntos:

  • Labor social e traxectoria profesional.

  • Iniciativa emprendedora e creatividade.

  • Promoción da igualdade, conciliación e emprego.

  • Contribución ao desenvolvemento local, cultural e social, entre outros aspectos.

📝 Prazo e presentación de candidaturas

  • O prazo de presentación abrirase ao día seguinte da publicación do extracto no BOPPO e rematará o 26 de febreiro de 2026.

  • As candidaturas poderán presentarse pola propia interesada ou por terceiros (persoas particulares, asociacións, sindicatos, etc.).

  • A presentación realizarase a través da Sede Electrónica, do Rexistro Xeral do Concello de Lalín ou mediante correo electrónico en igualdade@lalin.gal, indicando no asunto o nome do premio.

🎖 Premios e entrega

  • Os premios serán en especie, consistentes nunha peza orixinal creada especificamente para este galardón.

  • A entrega terá lugar en marzo de 2026, nun acto público.

  • As bases completas poden consultarse na web www.lalin.gal e na Oficina de Igualdade.

Comments