CONVOCADO O CONCURSO PARA XUÍZ/A DE PAZ SUBSTITUTO/A DE SILLEDA
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anunciar a convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz ou xuíza de paz substituto/a no concello de Silleda (Pontevedra).
📌 Prazo de presentación
-
15 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
📄 Documentación necesaria
As persoas aspirantes deberán achegar a seguinte documentación xunto coa solicitude:
-
Certificado de nacemento ou fotocopia do DNI.
-
Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes
-
Poderá autorizarse a súa consulta de oficio, segundo o artigo 28 da Lei 39/2015.
-
-
Declaración responsable de non estar inculpado nin procesado, conforme ao artigo 2.1 da Lei 68/1980.
-
Xustificación dos méritos que se aleguen.
-
Indicación da profesión actual.
📬 Presentación de solicitudes
As solicitudes e a documentación poderán presentarse:
-
Por correo electrónico: secretariagoberno.tsxg@xustiza.gal
-
Ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común.
📍 Data do anuncio: A Coruña, 21 de xaneiro de 2025




Comments