Ir o contido principal
planeta

Subvencións no Concello da Coruña para estudar idiomas no estranxeiro do alumnado de Bacharelato

O obxecto destas bases é convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar unha estadía de catro semanas en Irlanda para mellorar as competencias lingüísticas daquel alumnado matriculado nun centro educativo durante o curso 2025-2026 en 1º de Bacharelato. Para estes efectos, convócanse un mínimo de 29 bolsas destinadas ao fin sinalado.

Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado matriculado nun centro educativo do Concello da Coruña que cumpra os requisitos expostos nas bases.

O prazo de presentación das solicitudes e documentación complementaria correspondente, será de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín oficial da provincia da Coruña.

Para máis información, consulta aseguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/30/2026_0000000475.html

Comments