Bolsa de emprego de técnico de administración no Concello de Cambre
É obxecto da presente convocatoria a elaboración polo procedemento de concurso-oposición dunha relación de candidatos para nomeamentos de técnicos de Administración Xeral interinos.
Todos os que non teñan xa praza en propiedade poden inscribirse.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello no prazo de dez (10) días hábiles contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria xunto coas súas bases no Boletín Oficial da provincia.
Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/05/2026_0000000581.html




Comments