Cuntis convoca o Concurso de Entroido 2026
O prazo de inscrición estará aberto ata o 13 de febreiro e inclúe categorías individuais, de parella, grupos, comparsas e carrozas
Cuntis. O Concello de Cuntis vén de convocar o Concurso de Entroido 2026, que se celebrará o domingo 15 de febreiro de 2026, a partir das 11:00 horas, cun desfile polas rúas da localidade aberto á participación da veciñanza e de colectivos de todas as idades.
Obxecto da convocatoria
-
Regular a organización e desenvolvemento do Desfile e Concurso de Entroido 2026.
-
Fomentar a participación cidadá e a creatividade a través dunha das celebracións tradicionais máis representativas de Galicia.
Categorías de participación
As persoas participantes poderán inscribirse nunha única categoría:
-
Comparsa: mínimo 20 persoas.
-
Grupo: entre 10 e 19 persoas.
-
Parella: dúas persoas.
-
Individual: unha soa persoa.
-
Carroza.
Dotación económica
-
Orzamento total máximo: 3.000 euros.
-
As axudas financiaranse con cargo ao orzamento municipal do exercicio 2026.
Inscricións e prazos
-
Prazo de inscrición: ata o 13 de febreiro de 2026 ás 23:59 horas.
-
Presentación:
-
No Rexistro do Concello de Cuntis (de 9:00 a 13:30 h).
-
A través da Sede Electrónica do Concello de Cuntis.
-
-
A documentación inclúe o formulario de inscrición e unha declaración responsable.
Información adicional
-
No caso de asociacións legalmente constituídas, a inscrición deberá realizarse exclusivamente por vía electrónica e achegar a documentación acreditativa correspondente.
-
Se as condicións meteorolóxicas non permiten a celebración do desfile, este quedará cancelado.
BOPPO




Comments