Ir o contido principal
coreografía

Concurso de disfraces e carrozas do Entroido en Sada 2026

Para celebrar o Entroido en Sada a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística propón organizar un concurso de disfraces o martes 17 de febreiro, dentro da programación do Entroido en Sada 2026. O concurso constará dunha fase de desfile de rúa e unha fase final de exhibición en escenario, cun reparto final de premios por categorías. O concurso de disfraces e carrozas do Entroido en Sada ten como finalidade o desenvolvemento cultural e o fomento da participación comunitaria na celebración dunha tradición arraigada, como é o Entroido. Está recollido como liña de subvención LS 3.3 no Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Sada para o período 2024-2026, co obxecto de fomentar a participación popular na celebración e conservación das tradicionais festas do Entroido.

Poderán participar todas aquelas persoas e colectivos que o desexen, sen límite de idade.

O prazo de inscrición abrirase o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Toda a información relacionada co concurso publicarase na páxina web municipal (www.sada.gal).

O prazo de inscrición finalizará o domingo 15 de febreiro de 2026 ás 23:59h.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/09/2026_0000000670.html

Comments