Ir o contido principal
Entroido cambre

Concurso de disfraces no Concello de Cambre

Aprobación das bases reguladoras do concurso de disfraces, comparsas e carrozas, correspondentes ao Entroido en Cambre 2026 destinadas a estimular e fomentar a participación veciñal na devandita festa popular e tradicional.

Está dirixida a persoas de forma individual o conxunta que participen no concurso de Entroido nas súas distintas modalidades de disfraces, comparsas e carrozas, e que cumpran os requisitos establecidos nas Bases.

O prazo de presentación comeza a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP, a través da BDNS e remata o 18 de febreiro de 2026.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/10/2026_0000000702.html

Comments