Ir o contido principal

Programa Investigo 2026

Subvencións destinadas á contratación de persoas mozas demandantes de emprego para a realización de iniciativas de investigación e innovación en calidade de persoal investigador, tecnólogo ou técnico.

Requisitos

  • Para as entidades: Empresas e persoas empregadoras do sector privado, así como centros privados de I+D+i sen ánimo de lucro, con domicilio e centro de traballo en Galicia que invistan en investigación e innovación.

  • Para as persoas contratadas: Mozos e mozas de 16 ou máis anos que non fixeran os 30, desempregados e inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, coa titulación/capacitación necesaria.

  • Das contratacións: Deberán ser indefinidas, a xornada completa e dedicación exclusiva ao proxecto. O período subvencionable é de 12 meses.

  • Data límite de inicio: Os contratos deberán dar comezo antes do 30 de xuño de 2026.

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes é de un mes, que comezará a contar ás 9:00 horas do quinto día hábil posterior á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, indicando o código de procedemento TR349V.

Máis información

Comments