Bolsa de emprego de educador familiar no Concello de Brión
O obxecto das presentes bases é a creación dunha bolsa de emprego para ter preparado un mecanismo que dea cobertura legal a necesidades esenciais que poidan xurdir, con profesionais que desenvolven as súas funcións na categoría profesional de: Técnico en Intervención Familiar-Educador/a Familiar.
Todas as persoas que non teñan xa praza fixa nesta administración poden inscribirse.
As instancias para participar no proceso de selección (ANEXO I) dirixiranse á Alcaldía-Presidencia da Corporación e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello en horario de atención ao público, no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/19/2026_0000000898.html




Comments