Ir o contido principal
bailarinas

Certame intercentros, no Concello de Narón

O Certame lntercentros Concello de Narón ten como finalidade a celebración do Día das Letras Galegas, exaltando a nosa lingua, fomentando a súa normalización e dinamización, así como tamén mostrando a nosa cultura e a nosa realidade.

Poderán participar no certame os Centros educativos públicos do Concello de Narón nos niveis de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Ciclos Formativos nas categorías e modalidades que se detallan nas bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente extracto da convocatoria no BOP da Coruña.

Para máis infornación, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/03/2026_0000001179.html

Comments