Bolsa de emprego para auxiliares administrativos no Concello de Fene
A presente convocatoria e bases teñen por obxecto o desenvolvemento dun proceso selectivo para a creación, no Concello de Fene, dunha listaxe de aspirantes para o desempeño/cobertura temporal, como funcionario/a interino/a ou persoal laboral temporal de postos/prazas de auxiliar administrativo/a da escala de administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2 ou categoría laboral equivalente para cando sexa posible a súa cobertura de conformidade cos requisitos esixidos pola normativa aplicable e previa acreditación no expediente da existencia de crédito adecuado e suficiente para esta finalidade.
As condicións para presentarse poden revisarse nas bases.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 7 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/05/2026_0000001260.html




Comments