O Concello de Leiro convoca dúas prazas de peón/peoa de servizos múltiples
O Concello de Leiro aprobou, na sesión da Xunta de Goberno Local do 5 de marzo de 2026, as bases para a contratación de dúas persoas como peóns/peoas de servizos múltiples.
Características dos postos
-
Número de prazas: 2.
-
Denominación: peón/peoa de servizos múltiples.
-
Tipo de contrato: laboral eventual por circunstancias da produción.
-
Xornada: 40 horas semanais.
-
Duración do contrato: 4 meses.
Sistema de selección
-
O proceso selectivo realizarase mediante concurso-oposición, de acordo co establecido nas bases da convocatoria.
Presentación de solicitudes
-
As solicitudes deberán presentarse no rexistro do Concello de Leiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
-
O prazo de presentación será de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).
Bases da convocatoria
-
O texto completo das bases pode consultarse:
-
No Concello de Leiro.
-
Na páxina web municipal: http://www.concellodeleiro.com/
-
Na sede electrónica: https://leiro.sedelectronica.es/
-




Comments