Antas de Ulla abre un proceso selectivo para crear unha lista de agarda de traballador/a social municipal
O Concello de Antas de Ulla aprobou a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a constitución dunha lista de agarda de traballador/a social municipal.
A lista permitirá realizar coberturas temporais da praza por necesidades do servizo no ámbito dos servizos sociais municipais.
A convocatoria foi aprobada mediante Resolución de Alcaldía do 27 de febreiro de 2026.
O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
As persoas interesadas poden consultar as bases completas da convocatoria na sede electrónica do Concello de Antas de Ulla e no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial.
Os sucesivos anuncios relacionados co proceso selectivo publicaranse na sede electrónica municipal.




Comments