Ir o contido principal

Dúas prazas de policía local no Concello de Ordes

É obxecto da presente, a regulación do proceso para a provisión de dúas (2) prazas vacantes no corpo da policía local, escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, escala básica, categoría de policía, Grupo C, Subgrupo C1.

Para ser admitido/a para participar no proceso de provisión por mobilidade, os/as aspirantes deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes os requisitos que nas bases específicas se enumeran.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, toda vez se teñan publicadas as presentes Bases reguladoras no BOP de A Coruña e remitido anuncio de convocatoria ao DOG.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/12/2026_0000001432.html

 

Comments