Bases reguladoras da convocatoria e proceso de selección con carácter laboral temporal dun (1) chofer operario, un (1) operario de servizos múltiples e un (1) auxiliar administrativo mediante o sistema de concurso-oposición
O obxecto das presentes bases é regular a contratación laboral temporal dun (1) chofer operario, un (1) operario de servizos múltiples e un (1) auxiliar administrativo, ao abeiro do programa de gasto corrente e amortización de débeda do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2026.
Nas bases específicas sae que condicións específicas son necesarias para cada un dos tres postos.
As solicitudes requirindo tomar parte nos correspondentes proceso de selección, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais para a praza que se opte dirixiranse ao alcalde deste Concello e presentaranse no rexistro electrónico xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense.
Máis información aquí: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/350117




Comments