Bolsa de peón condutor de obra no Concello de A Baña
Constitúe o obxecto desta convocatoria a realización dun proceso selectivo, mediante concurso-oposición, para a contratación como persoal laboral temporal a xornada completa de dous PEÓN/A CONDUTOR/A de obras para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais anualidade 2026 financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL CONCELLOS 2026.
Os requisitos xerais e específicos esixidos deberán reunirse na data na que remate o prazo de presentación de instancias e deberanse manter ata o momento da súa contratación ou nomeamento.
As solicitudes requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais para a posto de PEÓN/A CONDUTOR/A de obras; dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Baña, presentaranse no Rexistro Electrónico Xeneral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos na Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/16/2026_0000001473.html




Comments