Ir o contido principal

Praza de técnico de educación no Concello de Ferrol

Aprobouse a convocatoria do procedemento para a cobertura, mediante comisión de servizos voluntaria, do posto de técnico/a de educación, así como as bases que rexerán a citada convocatoria.

As condicións xerais e específicas dos aspirantes, que aparecen nas bases en detalle, deberán de cumprirse ata o final da relación laboral con este Concello.

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/17/2026_0000001560.html

Comments