Bolsas Santander Axuda Económica para Prácticas da UDC 2026
A Universidade da Coruña, convoca 120 bolsas correspondentes á 1ª edición do Programa de “Bolsas Santander Axuda Económica para Prácticas” para contribuír a sufragar os custos derivados da realización de prácticas profesionais externas que comecen e rematen durante o ano 2026.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 16/04/2026
Requisitos:
- Estar matriculado/a a tempo completo na UDC no curso 2025/26, nun grao, posgrao ou mestrado universitario oficial, e ao corrente dos pagamentos correspondentes.
- O estudantado estranxeiro non comunitario deberá acreditar a condición de residente.
- Ter realizadas as prácticas obxecto deste programa, estar a realizalas ou ter sido seleccionado/a, no momento da inscrición, para realizar unha práctica profesional externa curricular ou extracurricular da UDC que comece e remate durante o ano 2026, xa sexa remunerada ou non remunerada
Remuneración / Custo:
A contía individual bruta de casa bolsa será de 500 €
Páxina web:
Contacto:
Unidade de Emprego da Universidade da Coruña
- Campus da Coruña: Pavillón de Estudantes - Campus de Elviña. Tel.: 881 01 29 03 / 881 01 29 16
- Campus de Ferrol: Edificio de Apoio ao Estudo - Campus de Esteiro. Tel.: 881 01 36 16 / 881 01 36 17 / 881 01 36 18
correo-e: emprego.vee@udc.gal
www.udc.es/es/emprego/bolsas-complementos-practicas
SOLICITUDES: para ser admitidos/as será necesario facer as seguintes inscricións nos correspondentes enlaces:
1º.- Realizar o rexistro previo na plataforma de bolsas do Banco Santander, na convocatoria específica https://app.santanderopenacademy.com/es/program/ayuda-economica-para-practicas-2026-i-edicion
2º.- Solicitude a través do formulario en liña dispoñible en www.udc.gal/emprego/bolsas-complementos-practicas




Comments