Ir o contido principal

Convocatoria para a contratación de 1 peón laboral temporal en Pedrafita do Cebreiro

O Concello de Pedrafita do Cebreiro convoca a selección dun peón ao abeiro do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos – Programa Reforzo do Emprego 2025.

Requisitos

  • Xerais: Os establecidos nas bases da convocatoria dispoñibles na sede electrónica municipal.

  • Sistema de selección: O proceso realizarase mediante o sistema de concurso-oposición.

Prazos

  • O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Solicitudes

  • Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015.

  • Importante: No caso de presentarse fóra do rexistro municipal, debe adiantarse a instancia por fax (982 367150) antes de que remate o prazo.

Máis información

Comments