Ir o contido principal

Bolsa de condutores na empresa municipal pública do Concello de Arteixo

A presente convocatoria pública ten por obxecto regular a constitución dunha bolsa de emprego para a cobertura de posibles vacantes temporais para cubrir as necesidades de substitución dun traballador/a con posto de CONDUTOR/Á o servizo de SUMARCHE con dereito á reserva do seu posto de traballo, vacacións, incapacidade temporal, maternidade ou paternidade, inclusive por adopción e/ou preadopción nacional ou internacional, o resto de permisos establecidos no convenio colectivo vixente, postos temporalmente vacantes ou outras necesidades inaprazables e urxentes que puidesen concorrer para garantir o adecuado desempeño e funcionamento dos servizos encomendados a SUMARCHE.

As condicións xerais e específicas deberán cumprirse para inscribirse e mantelas ata o final da relación laboral.

 O prazo é de dez días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación no Boletín oficial da provincia da Coruña da convocatoria.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/20/2026_0000001634.html

Comments