Bolsa de limpeza de residuos na empresa municipal pública do Concello de Arteixo
A presente convocatoria pública ten por obxecto regular a constitución dunha bolsa de emprego para a cobertura de posibles vacantes temporais da substitución dun traballador/a con posto de OPERARIO/A DE RESIDUOS E LIMPEZA VIARIA, ao servizo de SUMARCHE con dereito á reserva do seu posto de traballo, vacacións, incapacidade temporal, maternidade ou paternidade, inclusive por adopción e ou preadopción nacional ou internacional, o resto de permisos establecidos no convenio colectivo vixente, postos temporalmente vacantes ou outras necesidades inaprazables e urxentes que puidesen concorrer para garantir o adecuado desempeño e funcionamento dos servizos encomendados a SUMARCHE.
As condicións xerais e específicas deberán cumprirse para inscribirse, e deberán manterse ata a fin da relación laboral.
O prazo é de dez días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación no Boletín oficial da provincia da Coruña da convocatoria.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/20/2026_0000001638.html




Comments