Ir o contido principal

A Fundación TerrEo convoca cinco prazas fixas en acuicultura, servizos e proxectos en Ribeira de Piquín

A Fundación TerrEo fixo pública a convocatoria de varios procesos selectivos para a cobertura de cinco prazas de persoal laboral fixo incluídas na Oferta de Emprego Público de 2025.

As prazas distribúense en tres perfís profesionais vinculados ao ámbito ambiental, técnico e de servizos.

Datos clave das convocatorias:

  • Prazas ofertadas:
    • 2 oficiais de primeira de acuicultura
    • 2 operarios/as de servizos
    • 1 técnico/a de proxectos (media xornada)
  • Sistema de selección: concurso-oposición
  • Tipo de contrato: laboral fixo
  • Xornada:
    • Completa (acuicultura e operarios/as)
    • Parcial (50% no caso de técnico/a de proxectos)
  • Retribucións orientativas:
    • 1.714,28 €/mes (postos a xornada completa)
    • 1.086,67 €/mes (posto a media xornada)

Requisitos destacados:

  • Titulación mínima: Graduado Escolar ou equivalente (postos básicos)
  • Titulación específica: Enxeñería Agrónoma (técnico/a de proxectos)
  • Permiso de condución tipo B
  • Acreditación de coñecemento de galego (Celga 2 ou Celga 4 segundo o posto)

Prazo de presentación de solicitudes:

  • 20 días hábiles
  • Contados desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE)

Sistema selectivo:

  • Fase de concurso (valoración de méritos: experiencia e formación)
  • Fase de oposición (probas teórica e práctica eliminatorias)
  • Proba de galego, no caso de non acreditar o nivel requirido

Consulta das bases e anuncios:

A convocatoria foi aprobada por Resolución de Presidencia de data 9 de marzo de 2026.

Comments