Ir o contido principal

Bolsa de emprego para un Enxeñeiro Industrial no Concello de Ribeira

O obxecto da presente convocatoria é a constitución dunha bolsa de emprego para a realización do nomeamento dun/dunha ENXEÑEIRO/A INDUSTRIAL, como persoal funcionario/a interino para a execución do programa “EDIL: Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local e o seu Plan de Actuación Integrado Ribeira Atlántica 2030”, do Concello de Ribeira.

Para tomar parte neste proceso selectivo, os/as aspirantes deberán reunir as condicións xerais e específicas que nas bases detalladas aparecen.

As ditas solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) durante o prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES, QUE SE INICIARÁ O DÍA SEGUINTE Ó DA PUBLICACIÓN DO ANUNCIO DA CONVOCATORIA NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/23/2026_0000001663.html

Comments