Ir o contido principal

O Concello da Pastoriza convoca prazas de oficial e peón a través do programa "Reforzo do Emprego"

O Concello da Pastoriza anuncia a apertura de procesos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal ao abeiro do programa provincial de fomento do emprego.

Prazas convocadas:

  • Oficial de Primeira: Unha praza para persoal de reforzo.

  • Peón de Servizos Múltiples: Unha praza para tarefas municipais diversas.

     

Detalles da convocatoria:

  • Programa: Reforzo do Emprego 2026.

  • Publicación oficial: Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo, núm. 067, do 24 de marzo de 2026.

  • Acceso ás bases: Os interesados poden consultar as bases completas e os requisitos específicos no taboleiro de anuncios do Concello ou na sede electrónica municipal.

Solicitudes:

  • O prazo para presentar as instancias comeza a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP.

Comments