Triacastela crea unha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar
O Concello de Triacastela publicou as bases para a formación dunha bolsa de emprego destinada á contratación de auxiliares de axuda no fogar como persoal laboral temporal. O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso-oposición.
-
Obxecto: Creación dunha bolsa de traballo para cubrir necesidades temporais de persoal auxiliar de axuda no fogar.
-
Prazo de presentación: O prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
-
Requisitos principais:
-
Posuír a titulación de Técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Técnico/a Auxiliar de Clínica, ou equivalente.
-
Contar co certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Fogar.
-
Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea.
-
Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
-
-
Selección: Fase de oposición (exercicios teóricos/práticos) e fase de concurso (valoración de méritos por experiencia e formación).
-
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Triacastela ou a través da sede electrónica municipal.




Comments