Ir o contido principal

Tres prazas de oficiais na brigada de obras no Concello de Ordes

É obxecto da presente, a regulación do proceso selectivo a través do procedemento de oposición libre, para a cobertura en propiedade tres praza de persoal funcionario de carreira de Oficial de brigada de obras correspondente ao Grupo C, Subgrupo C2, escala de Administración especial , subescala servizos especiais clase persoal de oficio, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Ordes do ano 2025.

Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reunir as condicións xerais e específicas que nas bases detalladas se explican.

As instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Ordes, e presentaranse no prazo dos 20 días hábiles a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/24/2026_0000001674.html.

Comments