Ir o contido principal
DEPORTISTAS

Tui convoca bolsas para deportistas locais en 2026

O Concello de Tui aprobou as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de bolsas dirixidas a deportistas tudenses durante o ano 2026, segundo acordo da Xunta de Goberno Local do 6 de marzo. BOPPO

Estas axudas teñen como obxectivo apoiar a práctica deportiva e facilitar a participación en competicións, ao tempo que recoñecen a dedicación dos deportistas e a proxección da cidade en eventos de carácter internacional.

Poderán beneficiarse destas bolsas os deportistas individuais empadroados en Tui, que deberán cumprir requisitos como contar con licenza federativa en 2026, ter participado en competicións oficiais de prestixio internacional e estar ao corrente das súas obrigas tributarias, entre outros criterios establecidos na convocatoria.

A contía máxima destinada a estas axudas ascende a 15.000 euros, cunha dotación individual determinada segundo os baremos recollidos no Anexo I.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 16 de outubro de 2026.

As bases completas poden consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións:
👉 https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/894439

Comments