Ir o contido principal

Bolsa de emprego para Patrón de Navegación no Concello de Ortigueira

Apróbanse as bases reguladoras do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa integrada con persoal susceptible de ser nomeado funcionario interino da escala de administración especial, subescala auxiliares técnicos, patrón embarcación.

Tanto as condicións xerais coma as específicas aparen nas bases en detalle.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de A Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/26/2026_0000001769.html

Comments