Ir o contido principal

Praza de Técnico Superior de prevención de riscos laborais no Concello da Coruña

O obxecto destas bases específicas é ordenar o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, dunha praza de técnico/a superior de seguridade (técnico/a superior de prevención de riscos laborais) (subgrupo A1) da escala de Administración especial, subescala técnica, incluída na OEP do ano 2023.

Tanto as condicións xerais coma as específicas se atopan nas bases en detalle.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/26/2026_0000001813.html

Comments