NA BUSCA DE TRUFAS (FUNGOS HIPOXEOS) NO PAZO DE MARIÑÁN
Ábrese o prazo para inscribirse á actividade NA BUSCA DE TRUFAS (FUNGOS HIPOXEOS) NO PAZO DE MARIÑÁN que organiza a Sección de Medio Ambiente da Deputación da Coruña.
LUGAR: Pazo de Mariñán (Concello de Bergondo)
DATA: sábado, 09 de maio de 2026.
HORARIO: de 10:00 a 13:00 horas.
PRAZAS: 30
PERSOAS DESTINATARIAS: esta actividade é de balde e está aberta a calquera persoa que queira asistir. Adultos e crianzas acompañadas. Non poderán asistir maís de 3 persoas por grupo, agás familias con máis de dous fillos.
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:
- 10:00 – 11:00 Charla "O Reino Fungi Hipoxeo (trufas).
- 11:00 – 11:30 Pausa-café.
- 11:30 a 13:00 ruta guiada polos terreos do Pazo con Julio Cabero e os seus cans á procura de trufas e outros fungos hipoxeos.
INSCRICIÓN:
Gratuíta na seguinte ligazón INSCRICIÓN
O prazo para apuntarse remata o 10 de abril.
MÁIS INFO:
Deputación da Coruña
Sección de Desenvolvemento Territorial, Cooperación e Medio Ambiente
Teléfono: 981 415 704




Comments