Praza de Xefe en servizo de promoción e desenvolvemento turístico na Deputación Da Coruña
O Presidente da Deputación Provincial da Coruña aprobou a convocatoria para a provisión mediante comisión de servizos dun posto de Xefatura de Servizo de Promoción e Desenvolvemento Turístico.
Poderá participar na convocatoria o persoal funcionario de carreira de calquera Administración Pública da Escala de Administración xeral ou especial, que reúna os requisitos para acceder ao posto de traballo convocado no Anexo I, segundo as características establecidas nas presentes bases, de conformidade coa relación de postos de traballo vixente na Deputación Provincial.
O prazo de inscrición é de 15 días naturais desde a data de publicación desta convocatoria neste BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/30/2026_0000001836.html




Comments