Praza de Traballador Social no Concello de Neda
Esta convocatoria ten por obxecto regular a selección con carácter urxente, mediante o sistema de concurso, para o nomeamento interino dun/ha traballador/a social, a tempo parcial - media xornada, ao abeiro da subvención concedida a este Concello pola Consellería de Política Social, no proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais (PASSCM).
Tanto as condicións xerais coma as específicas aparecen nas bases en detalle.
O prazo de presentación de instancias será de TRES días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/30/2026_0000001839.html




Comments