Ir o contido principal

Monterroso convoca unha praza de auxiliar de enfermaría polo programa de reforzo do emprego

O Concello de Monterroso publicou as bases para a contratación de persoal laboral temporal ao abeiro do programa de reforzo do emprego 2025.

  • Posto: 1 auxiliar de enfermaría.

  • Modalidade: Contratación laboral temporal a xornada completa.

  • Duración: 6 meses.

  • Financiamento: Programa de reforzo do emprego 2025 da Deputación de Lugo e o Concello de Monterroso.

  • Solicitudes: Deben presentarse no rexistro do Concello de Monterroso.

  • Prazo de inscrición: 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP de Lugo (publicado o 31 de marzo de 2026).

Comments