Becas da Deputación da Coruña para estudar Inglés en Irlanda
O obxecto da presente convocatoria é a concesión de 60 bolsas en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar o gasto derivado da realización dunha estadía de catro semanas na República de Irlanda para mellorar as competencias lingüísticas daquel alumnado de 1º de bacharelato escolarizado nun centro educativo sostido con fondos públicos (público ou concertado) e que resida nalgún concello da provincia da Coruña, agás os dos termos municipais da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.
Os beneficiarios son o alumnado de 1º de bacharelato escolarizado nun centro educativo sostido con fondos públicos (público ou concertado) e que resida nalgún concello da provincia da Coruña, agás os dos termos municipais da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.
O prazo de solicitude iniciarase ás 08:00 horas do día 9 de abril de 2026, e finalizará ás 14:00 horas do día 23 de abril de 2026, tendo en conta que, tanto as solicitudes coma o resto da tramitación do programa, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/07/2026_0000002046.html




Comments