Ir o contido principal

Tres prazas de Operario de Servizos Múltiples no Concello de Dodro

O obxecto desta convocatoria é a contratación de tres operarios/as de servizos varios para a realización de obras e servizos municipais no Concello de Dodro ao abeiro do Programa PEL-CONCELLOS 2026 da Deputación provincial da Coruña (BOP núm. 197, do 15 de outubro de 2025), utilizando o sistema de selección do concurso-oposición.

As persoas que cumpran as condicións xerais e específicas poden presentarse.

O prazo de presentación da solicitude é de 10 DIAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/09/2026_0000002083.html

Comments