Praza de Xefe de planificación, orzamentos e fondos europeos no Concello de Ribeira
É obxecto desta convocatoria a cobertura en propiedade, a través do sistema selectivo de CONCURSO-OPOSICIÓN por PROMOCIÓN INTERNA, dunha praza de XEFATURA DE PLANIFICACIÓN, ORZAMENTOS E FONDOS EUROPEOS, do departamento de intervención e contabilidade da área de servizos económicos, pertencente ó cadro de persoal de funcionarios/as de carreira, encadrada na Escala de Administración Xeral, Subescala Técnica, Grupo A, Subgrupo A1, nivel 28.
As persoas qur cumpran as condicións xerais e específicas poden presentarse.
As ditas solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) durante o prazo de VINTE DÍAS NATURAIS, QUE SE INICIARÁ O DÍA SEGUINTE Ó DA PUBLICACIÓN DO ANUNCIO DA CONVOCATORIA NO BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/09/2026_0000002099.html




Comments