Ir o contido principal

Praza de Auxiliar Administrativo de atención á cidadanía no Concello de Ribeira

É obxecto desta convocatoria a cobertura en propiedade, a través do sistema selectivo de CONCURSO-OPOSICIÓN por PROMOCIÓN INTERNA, dunha praza de AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DA OFICINA DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA DA ÁREA DE SERVIZOS XERAIS, pertencente ó cadro de persoal de funcionarios/as de carreira, encadrada na Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar, Grupo C, Subgrupo C2, nivel 18.

As persoas que cumpran as condicións xerais e específicas pode presentarse.

As ditas solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) durante o prazo de VINTE DÍAS NATURAIS, QUE SE INICIARÁ O DÍA SEGUINTE Ó DA PUBLICACIÓN DO ANUNCIO DA CONVOCATORIA NO BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/09/2026_0000002108.html

Comments