Ir o contido principal
obradoiro de verán

Obradoiro verán móvete do programa a Pobra Concilia no Concello da Pobra do Caramiñal

O Obradoiro de Conciliación do Verán, Móvete! é un recurso municipal que ten unha dobre finalidade: facilitar ás familias a conciliación da vida laboral, familiar e persoal mellorando a súa calidade de vida e ofrecer unha alternativa lúdica e de aprendizaxe para crianzas de entre 3 e 12 anos.

Requisitos para participar no Obradoiro de conciliación do Verán, Móvete!

Que a nena ou o neno para quen se solicita a praza teña nada/o entre o ano 2014 e 2022 e que cursaran neste ano entre 4º de infantil e 6º de primaria.

Todas as nenas e nenos que acudan as actividades deberán ter adquiridos os hábitos de educación, coñecementos e autonomía adecuados a súa idade e terán que integrarse no grupo de convivencia, cumprindo as normas de respecto co resto de compañeiras/os e o persoal.

O prazo para a entrega das solicitudes comeza o día da publicación das presentes bases e remata o 5 de maio e realizarase a través da oficina do rexistro xeral do Concello, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas ou a través da Sede Electrónica (https://apobra.sedelectronica.es).

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/14/2026_0000002194.html

Comments