Ir o contido principal

Praza de Arquitecto Técnico no Concello de Ames

As presentes bases teñen por obxecto a regulación da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura en propiedade mediante funcionario/a de carreira, dunha praza de arquitecto/a técnico/a que figura como vacante e ten sido obxecto de inclusión para quenda libre ao abeiro da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao ano 2025 (BOP nº. 250 do 31.12.2025).

As condicións para realizar a inscrición poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura no ANEXO I das presentes bases, no rexistro xeral do Concello de Ames ou por calquera das formas previstas na Lei de procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOE.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/17/2026_0000002292.html

Comments