Praza de Técnico de atención a museos e espazos interpretativos no Concello de Carnota
A presente convocatoria ten por obxecto a selección de traballadores/as, mediante o sistema de concurso-oposición libre, co fin de crear unha listaxe para a provisión de postos de traballo de técnico/a de atención a Museos e/ou Espazos Interpretativos de Carnota (Caseta de Pepe do Cuco e Museo Arqueolóxico Aberto), que se cubrirán mediante a contratación laboral temporal, para atender as posibles necesidades do servizo.
As condicións para inscribirse pódense consultar nas bases en detalle no enlace inferior.
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/20/2026_0000002343.html




Comments