Ir o contido principal

Praza de Técnico en Xestión Cultural no Concello de Muros

É obxecto destas bases regular o proceso selectivo para a cobertura definitiva, mediante promoción interna e polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico en xestión cultural, como persoal funcionario/a de carreira, encadrada no Grupo A, Subgrupo A2, da Escala de Administración Especial, subescala técnica “Promoción Cultural”, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Muros correspondente ao ano 2024, publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 248, de 26 de decembro de 2024.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/20/2026_0000002336.html

Comments