Ir o contido principal
cabanillas

XXVI edición do Premio Ramón Cabanillas

A Xunta de Goberno Local de Cambados aprobou o 17 de abril de 2026 as bases da XXVI edición do Premio Ramón Cabanillas.

  • Obxectivo:
    Recoñecer o labor creativo, investigador e de difusión da cultura galega en distintos ámbitos.
  • Persoas destinatarias:
    Persoas, colectivos e entidades cunha traxectoria destacada en:
    • Literatura e lingua galega
    • Artes visuais, escénicas, musicais e audiovisuais
    • Patrimonio cultural
    • Xestión cultural, investigación, xornalismo ou industria cultural
  • Premio:
    • Peza artística ou obxecto conmemorativo
    • Diploma acreditativo
    • Concesión dun único galardón
  • Candidaturas:
    • Presentadas por terceiros (non se admite autopostulación)
    • Dirixidas a persoas vivas (con excepcións póstumas) e entidades activas
    • Deben incluír unha xustificación de 15 a 20 liñas
  • Presentación de solicitudes:
    • Presencial no rexistro municipal
    • Electrónica a través da sede do Concello de Cambados
  • Prazo:
    • Dous meses desde o día seguinte á publicación no BOPPO
  • Xurado:
    • Ata 7 membros do ámbito cultural galego
    • Presidido polo concelleiro de Cultura
  • Resolución:
    • Prazo máximo: 1 mes tras o peche da convocatoria
    • Publicación na sede electrónica municipal
  • Entrega:
    • Acto institucional organizado polo Concello de Cambados

Comments