Ir o contido principal

O Concello da Pontenova convoca 3 prazas de peón forestal para o reforzo do emprego 2026

O Concello da Pontenova publicou as bases para a contratación de persoal laboral temporal ao abeiro do Plan Deputación de Cooperación 2026.

  • Postos ofertados: 3 peóns forestais.

  • Modalidade: Persoal laboral temporal.

  • Duración do contrato: 4 meses a xornada completa.

  • Sistema de selección: Concurso-oposición.

  • Prazo de solicitude: 5 días hábiles a contar dende o 25 de abril (día seguinte á publicación no BOP).

  • Horario de rexistro: De 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello.

  • Vías de presentación: * Presencialmente na Casa do Concello.

    • Sede electrónica municipal.
    • Calquera outra forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

       

Máis información e bases: Consulta os detalles no taboleiro de anuncios e na sede electrónica: https://concellodapontenova.sedelectronica.es/info.0.

Comments